Proxecto Entrelampo - Ovos campeiros "Xema e Clara"

Header image
Watch video
Finished 09 / 01 / 2021
Funded!
Received
€ 49.314
Minimum
€ 30.000
Optimum
€ 86.000
423 Co-financiers
  • Contributing € 20

    Moitas grazas!

    Moitas grazas polo teu apoio! O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 57 Co-financiers
  • Contributing € 30

    Grazas! + imán exclusivo de Xema e Clara!

    Moitas grazas polo teu apoio!

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Recibirás un exclusivo imán de Xema e Clara para presidir a túa neveira!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 39 Co-financiers
  • Contributing € 40

    Bolsa de algodón orgánico exclusivo para Xema e Clara!

    Colabora connosco e levas a nosa bolsa de algodón para enchela de ovos de Xema e Clara!

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 46 Co-financiers
  • Contributing € 50

    Reproducción limitada e exclusiva de Raquel Senra!

    "A pita cega"!!
    Reproducción tamaño A4 asinada, serie limitada a 10, exclusiva para "Xema e Clara" de Raquel Senra! Consegue a túa!
    Técnica collage.

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 10 Co-financiers
  • Contributing € 50

    Reprodución asinada de Lara Torres!!

    Reprodución tamaño A4 asinada do Flamingrelo de Lara Torres!! limitada a 10!!

    O Flamingrelo https://www.instagram.com/p/BNeVS-zDa0n/?igshid=32fgx1rkfxzn

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 10 Co-financiers
  • Contributing € 50

    Exemplar dedicado de "A viaxe culinaria de Kukinhas - A volta ao mundo en 50 receitas"

    Exemplar dedicado de "A viaxe culinaria de Kukinhas - A volta ao mundo en 50 receitas". Recompensa dispoñible dende o 23/11/20.
    Só para os 5 máis rápidos/as!! Posibilidade de envío para este Nadal!

    Ademais:

    O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    Imán exclusivo de Xema e Clara!

    *Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing € 50

    5 almorzos completos na cafetaría Abrente de Santiago de Compostela!

    Colaboras con nós e ademais gozas de 5 almorzos completos na cafetaría Abrente en Compostela!
    Recompensa limitada a 6!

    Tamén:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing € 55

    Camiseta de algodón orgánico de Xema e Clara!

    Colabora connosco e loce unha das nosas camisetas de algodón orgánico! varias cores e tallas, tamén para nenas/os!

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!


    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 27 Co-financiers
  • Contributing € 60

    Albúm "Costuras" de GUADI GALEGO asinado!

    "Costuras", o último álbum de GUADI GALEGO asinado! Limitado a 10 unidades! Envíos antes de rematar as festas do Nadal!

    Ademais:

    O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers
  • Contributing € 70

    Mandil de algodón orgánico Xema e Clara!

    Fai os mellores pratos de ovos co noso mandil de algodón orgánico!

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 11 Co-financiers
  • Contributing € 80

    Mandil + camiseta ou bolsa de Xema e Clara

    Levas o mandil e escolles entre a camiseta ou a bolsa de "Xema e Clara"!

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 09 Co-financiers
  • Contributing € 90

    Mandil + camiseta + bolsa + imán

    Levas o mandil, a camiseta, e a bolsa de "Xema e Clara"!!! que ben equipada!!

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 15 Co-financiers
  • Contributing € 100

    Camiseta ecolóxica con estampados ecolóxicos, deseño exclusivo de Cucubox para Entrelampo!

    Camiseta ecolóxica con deseño exclusivo para Entrelampo. Cucubox ofrécenos un deseño cheo de sorpresas. Só 20 unidades!!

    Con esta camiseta vanche ver pola noite grazas ao efecto reflectante das nubes e, por suposto, cando sae o Sol verás como aos poucos aparece o "entrelampo" do estampado!.

    A impresión faise a man con materiais ecolóxicos, en prendas de algodón 100% "ECO", dispoñibles en corte clásico home/muller, corte unisex moderno e para nenos e nenas. Tamaños a partir de 3 anos.

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!


    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 12 Co-financiers
  • Contributing € 120

    Cocido para dúas persoas na Taberna do Abrente de Baiona!

    Colaboras connosco e ademais gozas do cocido máis tradicional na Taberna do Abrente en Baiona!! Cos nosos repolos!
    Recompensa limitada a 5!

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Co-financiers
  • Contributing € 125

    Amadriña unha galiña!

    Pon nome a unha das nosas galiñas e levas os seus ovos durante un ano!

    12 ducias durante o ano!!. Puntos de recollida a concretar. Exclusividade para renovar amadriñamento nos anos posteriores a prezo vantaxoso!
    Só para as/os 200 máis rápidas/os!

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!
    • Bolsa de Xema e Clara!
    • Camiseta de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 34 Co-financiers
  • Contributing € 150

    Es un entrelampeiro!

    Levas todas as recompensas!:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!
    • Camiseta ecolóxica personalizada de Xema e Clara!
    • Bolsa eco de Xema e Clara!
    • Mandil ecolóxicos de Xema e Clara!
    • Amadriña unha das nosas galiñas!: 12 ducias durante o ano. Puntos de recollida a concretar. Exclusividade para renovar amadriñamento nos anos posteriores a prezo vantaxoso! (Esta última recompensa só Galicia)

    Só para as/os 80 máis rápidos!!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 40 Co-financiers
  • Contributing € 150

    Comida ou Cea para dúas persoas no María Castaña!

    Desfruta dunha comida ou cea para dúas persoas no restaurante María Castaña de Santiago! Probarás as nosas hortalizas!

    Limitado a 3 recompensas!

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Co-financiers
  • Contributing € 300

    Ilustración orixinal de MeliMolita (Manuela Rodriguez) deseñada para "Xema e Clara"!

    Ilustración orixinal e exclusiva tamaño 24x24 para Xema e Clara de MeliMolita!!! http://www.instagram.com/melimolita
    Técnica mixta en papel de acuarela.

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 300

    Ilustración exclusiva de Víctor Rivas!

    Ilustración tamaño A4 orixinal para "Xema e Clara" de Víctor Rivas!

    Ademais:

    • O teu nome aparecerá na nosa web como colaborador e na placa fundacional da granxa!
    • Imán exclusivo de Xema e Clara!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 500

    Patrocinador

    O logotipo da túa organización, entidade, ou empresa (pequenas e medianas empresas) aparecerá como patrocinador nas nosas redes sociais se a campaña é exitosa e na placa fundacional da granxa!.

    Tamén quedará incorporado na nosa web na sección "Colaboradores".

    E teremos a oportunidade de coñecernos e formar sinerxias!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers
  • Contributing € 1.000

    Socio/a colaborador/a de Entrelampo!!

    Está claro que a túa implicación quere ir un paso máis alá, por iso serás socia colaboradora durante os próximos catro anos! poderás asistir as asembleas da asociación, aportar a túa voz e as túas ideas!

    Lembra que cada doazón ten unha desgravación fiscal de ata o 80%! Calcula aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers

About this project

Creación de emprego para persoas con problemas de saúde mental graves a través dunha granxa de galiñas campeiras.

Needs Material Minimum Optimum
Reforma mínima da zona de niñeiros
Con esta cantidade conseguiriamos unha mínima reforma para adaptar a zona da nave que xa ten cuberta. Conseguiriamos illamento térmico, niñeiros e o resto de equipamento mínimo necesario para empezar a funcionar cun número reducido de galiñas.
€ 11.000
Cercado do terreo
Precisamos pechar 1 hectárea de terreo para que as galiñas piquen pola campaza.
€ 4.300
Reforma zona de traballadores
Adaptación e reforma mínima da zona de vestiarios, baños e oficina.
€ 3.000
Adaptación zona de embalaxe e clasificación
Reforma da zona da nave destinada a embalaxe e clasificación dos ovos.
€ 3.100
Alboio esterqueiro
Cubrición dos esterqueiros con lona apoiada sobre arcos de aceiro galvanizado ancorados aos muros que xa existen.
€ 4.800
Clasificador de ovos
Co clasificador de ovos optimizariamos o proceso previo á embalaxe, mellorando o fluxo de traballo dunha forma notable.
€ 11.500
Poñedoiros extra
Poñedoiros equipados con cinta de recollida de ovos, cinta de estercos, comedeiros, bebedoiros e poleiros.
€ 3.080
Ampliación de reforma
Conseguiriamos ampliar a superficie para a posta substituíndo parte do vello tellado. E o que é máis importante, dobrariamos os postos de traballo!
€ 27.500
Ampliación cercado
Se nos achegamos á cantidade óptima necesitaremos aumentar a superficie do terreo destinado ás galiñas, polo que o cercado deberá ser prácticamente o dobre que o proxecto básico.
€ 3.440
Alboio esterqueiro ampliada
Se ampliamos o número de galiñas necesitaremos aumentar a alboio dos esterqueiros.
€ 4.000
Needs Infrastructure Minimum Optimum
Comisións plataforma polo mínimo
Cubririamos as comisións pola cantidade mínima recaudada (5% comisión goteo, 3,4% transferencias Paypal e 0,35€ por cada transacción Paypal).
€ 1.800
Custos recompensas polo mínimo.
Cubriríamos algúns custos das recompensas correspondentes ao importe mínimo.
€ 2.000
Comisións plataforma polo óptimo
Cubririamos as comisións pola cantidade óptima recaudada (5% comisión goteo, 3,4% transferencias Paypal e 0,35€ por transacción).
€ 3.300
Custos de recompensas polo óptimo
Cubriríamos algúns custos das recompensas se chegamos ao óptimo.
€ 3.180
Total € 30.000 € 86.000
Necessary
Supplemental

General information

A CAMPAÑA - XEMA E CLARA

Esta campaña de crowdfunding vai dirixida a unha das primerias iniciativas de Entrelampo. Pretendemos reformar unha vella nave e a finca colindante para dar vida a "Xema e Clara", unha granxa de galiñas campeiras para a venda de ovos. Lanzamos esta campaña porque consideramos que é a sociedade de forma directa quen debe decidir a viabilidade social desta iniciativa.

ENTRELAMPO

Entrelampo é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal crear emprego para persoas con problemas de saúde mental graves a través de iniciativas de economía social, no noso caso Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.

POR QUE ENTRELAMPO

Só o 5% das persoas con problemas de saúde mental graves traballan. A maioría dos que conseguen traballo pérdeno en menos de seis meses, e, o máis dramático, o 90% queren traballar. Estamos ante un grave problema de xustiza social que atenta contra os dereitos fundamentais deste colectivo.

Os motivos desta terríble situación son multifactoriais, e abarcan dende problemas propios das enfermidades –sintomatoloxía, rupturas biográficas dende a xuventude que afectan ao plano académico e a experiencia laboral, efectos secundarios dos tratamentos...- ata as barreiras sociais, como son o descoñecemento e prexuízos da sociedade que conforman o ESTIGMA, e abarcan a tódalas capas sociais: civís, empresariais, políticas, e incluso sociosanitarias.

O beneficio do traballo neste colectivo ten valores engadidos, a parte do propio beneficio retributivo, proporciona uns beneficios a nivel produtivo –desenvolvemento cognitivo, organiza a vida cotiá e facilita relacións sociais- e aumenta a valoración social, desprazando o rol de “enfermo” polo de traballador, convertindo a recuperación nunha realidade.

A NOSA PROPOSTA

A nosa aposta é clara pola creación de emprego como piar fundamental dende onde poida desenvolverse un proxecto laboral integral. Para cumprir o noso obxectivo crearemos empresas sociais centradas no sector agroalimentario, que aposte pola imaxe, pola visibilidade.

O noso proxecto asenta sobre tres piares:

-Emprego: A prioridade inmediata é a creación de emprego, a base de calquera proxecto laboral.
-Empresa social: O obxectivo final é a inclusión laboral nas empresas da Economía Social.
-Visibilidade: Apostar por iniciativas con alta visibilidade, credibilidade e recoñecemento.

Queremos participar, xunto cas entidades da Economía Social galegas, do cambio cara a unha economía máis humana e responsáble, máis xusta.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

Como apuntamos, esta campaña de crowdfunding está adicada a unha das nosas primeiras iniciativas, unha granxa de galiñas campeiras para comercializar ovos baixo a marca “XEMA E CLARA”.

Pretendemos reformar unha vella nave e o seu terreo situada no concello de Chantada (Lugo) para transformala nunha granxa adaptada as necesidades das galiñas campeiras.

Para lograr o noso obxectivo precisamos unha inversión de entre 30.000€ - 85.000€. Ca cantidade mínima realizariamos unha reforma básica da actual nave, permitindo iniciar a actividade cun número reducido de galiñas. Se logramos chegar á cantidade óptima da recaudación poderiamos aumentar o número de galiñas campeiras e, polo tanto, o número de traballadores, verdadeiro obxectivo do proxecto. Neste caso xerariamos empregos para cinco persoas, tres delas con diversidade funcional de tipo psíquico.

xema-clara-logo-posit-p7533c-bg-p4545c-2.jpg captura-de-pantalla-2020-09-15-a-las-13.08.49.png img-9198.jpg img-9192.jpg

Why this is important

Este proxecto está motivado polas alarmantes cifras de desemprego do colectivo, que impiden calquera posibilidade de recuperación e empoderamento de cara a unha inclusión social plena e conducen á exclusión e á pobreza.

Ademais, todos os recursos sociosanitarios que se invirten actualmente para paliar o problema de emprego, chocan ca realidade da discriminación posterior no mercado laboral. Por ese motivo, apostamos pola creación de empresas sociais con sentido como base de calquera proxecto laboral, e tamén potenciar os esforzos de todas as entidades implicadas actualmente.

De forma global, facemos un chamamento á particpación de todas as persoas que cren nos principios da Economía Social e Solidaria.

Team and experience

Entrelampo somos un grupo de persoas pertenecentes nunha gran parte á saúde mental a nivel profesional, comprometidos ca problemática social do colectivo de persoas con problemas de saúde mental graves, e especificamente co drama laboral.

En 2021 tamén inicaremos a actividade laboral nun centro de traballo hortícola de produción ecolóxica no concello de Santiago de Compostela que creará emprego para seis persoas, catro delas do colectivo.

Xema e Clara é a outra das dúas iniciativas cas que iniciaremos un proxecto que pretende ser ilusionante, un entrelampo dentro da tormenta actual.

A Xunta directiva actual está composta por:

JUAN SORIANO BARCELÓ: Licenciado en Medicina na “Universitat Rovira i Virgili” de Tarragona no ano 2009. Especializado en Psiquiatría no servizo de psiquiatría de Santiago de Compostela durante catro anos ata o 2014. Mellorou a súa formación a través do “Máster de Neurociencias” impartido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o «Máster de Psicogeriatria» pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). Participante do proxecto de cooperación internacional “Salud Mental para Todos” no Perú, dirixido pola ONG Juan Ciudad no 2013. Actualmente traballa no servizo de Psiquiatría de Santiago de Compostela.

FERNANDO CASAL COUTO: Graduado en Nutrición Humana e Dietética. Durante os últimos 17 anos desenvolveu a súa carreira profesional dentro do mundo das Tecnoloxías da Información, trala finalización dunha Formación Profesional en Sistemas e Redes informáticas. Nos cinco anos comprendidos entre 2014 e 2019, combinou o seu traballo nunha empresa de Loxística Hospitalaria co estudo do Graduado en Nutrición na Universidade Isabel I de Castilla. Na actualidade, traballa no centro de Nutricionstellae como dietista nutricionista.

LUCÍA IGLESIAS RODRÍGUEZ: Diplomada en Fisioterapia pola «Universitat Rovira i Virgili» de Tarragona no 2006. Mellorou a súa formación no Postgrao en Fisioterapia en «Traumatología y Cirugía Ortopédica» pola Universitat Autònoma de Barcelona no ano 2008 e o Máster en neurorehabilitación no «Institut Guttmann» pola mesma universidade no 2010. Dende 2013 a 2019 traballou como fisioterapeuta nos servizos da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Actualmente, traballa como fisioterapeuta para o Servizo Galego de Saúde.

IVÁN CAÑÁS BELLO: Licenciado en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2011. Grao en Dietética e nutrición humana pola universidade Isabel I de Castilla (2013-2017). MBA en «Administración y Dirección de Empresas» pola IFFE Business School no 2017. Dende 2011, adícase a funcións de xestión financeira e técnica de distintos grupos de panadería e repostería galegos.

JACOB NOGUEIRA FERREIRO (direción técnica): Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade en mecanización e construción rural pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. Perfecciona a súa formación posterior no campo da Agricultura Ecolóxica tanto a nivel técnico como docente. Dende 2009 a 2016 desenvolve a súa actividade como responsable técnico en distintas entidades agrarias e imparte docencia sobre agro-ecoloxía. Dende 2016 a 2020 exerceu como coordinador dentro dun proxecto de cooperación da ONGD Mundukide Fundazioa en Mozambique, nun programa de desenvolvemento socioeconómico a través da agricultura.

collage-5.png

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • No poverty

    Economic growth must be inclusive to provide sustainable jobs and promote equality.

  • Decent Work and Economic Growth

    Sustainable economic growth will require societies to create the conditions that allow people to have quality jobs.

  • Reduced Inequalities

    To reduce inequalities, policies should be universal in principle, paying attention to the needs of disadvantaged and marginalized populations.