¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

22ª Festas do Barrio de San Pedro 🗝️🏡💓

  • Location Santiago de Compostela, Galicia, España
1Round Remaining 21 days
Received
€ 1.135
Minimum
€ 3.999
Optimum
€ 6.999
23 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 10

    Imos facer a festa e as tatús que mereces!!! 💜

    Con estes euros xa temos para facer peto. Cada axuda é moi importante para nós. Millóns de grazas 💜🔑 Gardámolos no petiño e encargaremos tatuaxes temporais!!

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Co-financiers
  • Contributing € 25

    Xa te vemos, encargando camis! Ti e as túas amiguis!!! 💜

    Xenial! Con estes euros xa podemos encargar as camisolas destas festas. Grazas a moreas 💜🔑

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing € 50

    Vas coidar ao artisteo 💖🍀🗝️💜

    Fantástico! Grazas aos teus cartiños imos facer unha hospitalidade riquiña para que es artistes e grupos de música sintan os coidados do Barrio de San Pedro, como nos gusta 💜🔑 💜 💖

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Co-financiers
  • Contributing € 75

    Estamos que o petamos! Arriba eses baños! 💖🍀💖🍀💜🗝️🥰

    Marabilla! Grazas á vosa axuda estaremos moito máis preto de facer as festas que merecemos, e tamén os BAÑOS que nos merecemos! Que gusto poder ir a un baño que estea a man, limpo, e pagado cos cartiños de todis... 💜🔑 💖

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 02 Co-financiers
  • Contributing € 100

    Xa estás montando a Carpa da Romaría💜🗝️🍀

    Incrible! Grazas á vosa achega poderemos ter unha carpa no Parque de Belvís! Chova ou Vente, imos de Romaría! 💜🔑 💜 💖

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 200

    Chispúm! Tedes a 🗝️ dos nosos 💖💖💖💖! Moita 🍀🍀🍀🍀 para vós

    SURREALISTA!! Eres ti o mesmísimo San Pedro a caso? Grazas grazas e grazas, con estes cartiños podemos asegurarnos unha programación diversa e que reflicta os gustos do noso barrio 💗💗

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 300

    Tomaaaaa! Pois daquela a 🗝️ do barrio para ti e para as túas amiguis 💖💜🍀💖💜🍀

    Quedamos sen palabras!

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers

Premio Martín Códax da Música 🥳

02 | 06 | 2025
Premio Martín Códax da Música 🥳

As Festas do Barrio de San Pedro, Premio Martín Códax da Música 🥳 E é para TODO O BARRIO 🏘️💜

Pegámosvos a chapa que botamos no escenario, sentídevos orgulloses porque é vosooooooo

Noraboa ao Festival Millo Verde e Asalto ao Castelo un luxo partillar nomeamento con tremendos proxectos!! 🌟🌟

Aínda que moites nos queiran botar das nosas casas, do noso barrio: os fondos voitre, os caseiros usureiros, os que xentrifican os comercios para os peregrinos... non é un capricho querer seguir vivindo nun barrio que tece rede, que pula pola veciñanza e crea cultura diversa e para todes.

É un COMPROMISO facer isto, e non só falamos dunhas festas autoxestionadas, senón de facer do noso barrio un recuncho máis amable e habitable no mundo, da participación activa nunha rede que nos salva ❤️‍🩹

E non só é esa consciencia fonda, porque é o subidón máis grande do mundo poder facelo cas túas veciñas, cas que foron veciñas e botaron do barrio, as emigradas, es voluntaries, a comisión que foi, que somos, e que será, das que non están, Rami, que sempre nos mirou con ollos de mar... ♥️♥️♥️

Moitas en Músicas ao Vivo tocastes nas festas ou fixestes os vosos primeiros concertos alí 🤩 Levamos 22 anos apostando pola música en galego, emerxente, e sempre teredes a porta do barrio aberta para reivindicar bailando ✊🏼✊🏼✊🏼

Somos un barrio pequeno fronte a un xenocidio, unha pasteira como Altri, os usureiros que queren negociar co dereito á vivenda...pero cremos que a transformación comunitaria pode axudar a construír unha alternativa. E este Barrio de San Pedro xa leva tempo facendo camiño ❤️‍🔥🏘️

Quedades convidades TODES do 25 ao 29 de xuño E POÑEDE CARTOS NO Goteo QUE SENÓN NON HAI FESTAS 🙏🏼🙏🏼🙏🏼🙏🏼

Comments

Inicia sesión para dejar un comentario