Subscrición popular "Antoloxía Poética do Monte Pindo"

Finished 29 / 12 / 2012
Accomplished!
Received
£ 979
Minimum
£ 871
Optimum
£ 1,244
67 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 8

    Exemplar da "Antoloxía Poética do Monte Pindo"

    O subscritor ou a subscritora popular recibirá un exemplar da "Antoloxía Poética do Monte Pindo", asinada polos coordenadores da obra Francisco Fernández Naval "Chisco" e Miro Villar. No caso de achegas inferiores a 10 euros ou de restos diferentes a un múltiplo de 10, a achega terá tratamento de doazón + A "Antoloxía Poética do Monte Pindo" incluirá unha sección de agradecementos co nome completo dos primeiros 105 subscritores e subscritoras populares da obra

    > 66 Co-financiers

About this project

Pon o teu grao de area para axudarnos a crear a maior obra poética de todos os tempos sobre o Monte Pindo

Needs Task Minimum Optimum
Subscrición popular mínima da "Antoloxía Poética do Monte Pindo"
Este é o importe da adquisición mínima de exemplares necesaria para a edición e publicación da "Antoloxía Poética do Monte Pindo"; é dicir, 105 exemplares a 10 euros a unidade.
£ 871
Subscrición popular máxima da "Antoloxía Poética do Monte Pindo"
Este é o número máximo de exemplares que se poden adquirir a 10 euros mediante subscrición popular, é dicir, co desconto de ata o 35% sobre o prezo final de venda.
£ 373
Total £ 871 £ 1,244
Necessary
Supplemental

General information

Estamos a traballar nunha ambiciosa iniciativa para reunir nun só volume a obra poética máis destacada sobre o Olimpo Celta creada durante séculos por ducias de diferentes estudosos, literatos e creadores de todos os tempos, xunto con novas poesías inéditas encargadas aos máis prestixiosos escritores do escenario literario galego.

Porén a dura situación de crise que atravesamos dificulta que as editoriais asuman editar, publicar e distribuír a obra. Afortunadamente unha editorial galega comprometeuse a asumir a edición, sempre e cando garantamos a adquisión anticipada dun mínimo de exemplares.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

En que consiste a subscrición popular?

Para converterte en subscritor popular, simplemente deberás facer reserva dun ou varios exemplares da "Antoloxía Poética do Monte Pindo" a un prezo único de 10 euros (supón un aforro de ata 5 euros sobre o prezo final de venda).

Ao alcanzar o número mínimo de 105 subscricións, o obxectivo darase por logrado e a Asociación Monte Pindo Parque Natural aprobará a edición, que incluirá nos seus agradecementos un listado cos seus 105 nomes.

Unha vez que a edición esté lista, porémonos en contacto con cada subscritor/a para concretar a entrega do/s seu/s exemplar/es, sen ningún custo adicional.

Que pasa se acadamos o obxectivo?

A partir das 105 subscricións dispoñemos de 45 exemplares adicionais para quen desexe adquirir a obra co desconto.

No caso de que a consecuencia das subscricións populares recademos máis diñeiro que o necesario para posibilitar a edición, a Asociación Monte Pindo Parque Natural destinará integramente os recursos excedentes a unha iniciativa para mellorar un espazo degradado do Monte Pindo.

Que pasa se non logramos o obxectivo?

En caso de que non se teñan efectuado o número mínimo de 105 subscricións populares que fagan posíbel a edición, suspenderase indefinidamente o proxecto reintegrando todas as achegas efectuadas ata o momento.

201350-364134280330631-1092579621-o.jpg

Why this is important

O proxecto diríxese a todos os amantes da cultura galega, da natureza en xeral, e do Monte Pindo en particular, e por extensión a toda a cidadanía que poderá poñer o seu gran de area para a creación da maior obra poética sobre o Olimpo Celta, o monte sacro dos nosos antergos.

258737-364128593664533-1183622252-o.jpg

Goals of the crowdfunding campaign

  1. Por en valor a riquísima cultura e a tradición literaria vencellada ao Olimpo Celta.
  2. Reunir nun só volume a obra poética escrita sobre o Monte Pindo durante séculos.
  3. Divulgar pezas literarias inéditas sobre o Monte Pindo dos escritores galegos máis significados.
  4. Estimular a creación literaria e cultural arredor dun monte tan simbólico da historia galega.
376425-364352786975447-813862794-n.jpg

Team and experience

Este proxecto está impulsado e coordinado polos escritores Francisco Xosé Fernández Naval "Chisco" (http://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Xos%C3%A9_Fern%C3%A1ndez_Naval), e Miro Villar (http://gl.wikipedia.org/wiki/Miro_Villar), ambos afincados na Costa da Morte e membros da Asociación Monte Pindo Parque Natural.

A Asociación Monte Pindo Parque Natural (CIF: G-70280177) é unha Asociación sen ánimo de lucro, radicada no concello de Carnota e aberta ao mundo enteiro, que promove a declaración de parque natural para o Monte Pindo e o seu funcionamento como tal.

Somos unha organización democrática, participativa, popular e plural constituida formalmente no Pindo (Carnota) o día 17 de outubro de 2010.

Se tes calquera dúbida sobre a nosa Asociación, non dubides en visitar a nosa páxina web www.montepindo.org ou contactar con nós en info@montepindo.org.

340944-364275023649890-667497554-o.jpg

Social commitment