ACADAMOS O MÍNIMO, con toda a vosa axuda e apoio. Estamos a 20 días de que finalice a primeira rolda da campaña de "crowdfunding" para o Mercado Social e xa aseguramos o mínimo.
Este logro conseguiuse grazas ao cofinanciamento de 170 persoas e entidades. Ademais tamén houbo mensaxes para participar con apoios non monetarios nas Comisións de Difusión, Web e Subtítulos. Iniciamos esta semana unha nova fase onde precisamos que ti ou a túa entidade participen con diñeiro ou sen diñeiro na difusión das mensaxes para facer posible a construción do Mercado de Economía Social.
Para dar a coñecer o Proxecto do Mercado a nivel Europeo realizamos traducións con colaboradoras en inglés e francés, pódense consultar na sección de novidades. No Estado fixémolo tamén en: catalan, galego e éuscaro.
Unha das formas máis importantes de apoio á campaña é a través da difusión, xa sexa transmitindo a mensaxe en distintos idiomas ou a través de diversas canles como: redes sociais, correo electrónico ou comunicándoo en eventos.
A campaña recibe impulsos semanais con cada novo "hastag" que notificamos. O desta nova etapa será: #mercadoporgoteo. Lanzarémolo mañá 27 de novembro e necesito o teu apoio en Twitter para movelo todo o posible. Para lograr o óptimo necesitamos moita difusión.
Apoia o Mercado Social en Goteo!