Desarrollando el Mercado de Economía Solidaria

Finished 25 / 01 / 2013
Funded!
Received
£ 10,903
Minimum
£ 5,159
Optimum
£ 10,309
295 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 8

    Social Market documentation and map

    You should have private access to Social Market site and we send you a file with all social market docs and a map with all the entities that are members of the Social Market.

    > 106 Co-financiers
  • Contributing £ 21

    5 € voucher

    5 € voucher that you can spent in any product or service offered by a Social Market's member + private access to the site + docs and map of member entities + web appreciation

    > 64 Co-financiers
  • Contributing £ 42

    10 € Voucher

    10 € voucher that you can spent in any product or service offered by a Social Market's member + private access to the site + docs and map of member entities + web appreciation

    > 48 Co-financiers
  • Contributing £ 83

    20 € Voucher

    20 € voucher that you can spent in any product or service offered by a Social Market's member + private access to the site + docs and map of member entities + web appreciation

    > 12 Co-financiers
  • Contributing £ 125

    Councelling // Talk // Workshop

    Only for organizations: councelling, a talk or a workshop about solidarity economy + private access to the site + docs and map of member entities + web appreciation

    > 09 Co-financiers

Desenvolvendo o Mercado de Economía Solidaria

04 | 12 | 2012

Cooperar para transformar, fortalecendo ferramentas para ampliar o Mercado Social

Por Mercado Social entendemos unha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios, nun territorio determinado, unha rede constituída tanto por empresas e entidades da economía solidaria e social coma por consumidores/as individuais e colectivos/as.

Este proxecto pretende desenvolver instrumentos e ferramentas que nos acheguen, que faciliten a íntercooperación e o apoio mutuo entre consumidores/as, distribuidores/as e empresas que pretenden dar respostas globais, dende a súa función como axentes económicos, aos diferentes desafíos que temos como sociedade civil.

Entre outras cousas queremos desenvolver unha plataforma web que facilite información a consumidores/as conscientes, ferramentas de certificación participativa, desenvolvemento de moedas complementarias, lugares de encontro entre consumidores/as e distribuidores/as, etc.

Os bens que se producen e distribúen no mercado social cumpren tres características: ser socialmente útiles, ser ecoloxicamente sostibles e ter sido producidos con equidade e de forma democrática. Para iso pretendemos desenvolver ferramentas de certificación participativa.

Ademais de producir bens e servizos, entendemos que o mercado social é un instrumento que xera unha aprendizaxe colectiva, innovación social e tecnolóxica, relacións sociais e proxectos innovadores.

Características básicas

O proxecto componse de diferentes ferramentas de intercooperatición entre produtores/as, distribuidores/as e consumidores/as, que forman parte do proxecto, que se articulan en torno a unha estrutura xurídica. Os aspectos básicos máis relevantes son os seguintes:

  1. O desenvolvemento de estruturas territoriais de distribución e consumo de bens e servizos producidos con criterios sociais e ecolóxicos, que articulen consumidores/as e produtores/as, favorecendo a comunicación e a venda directa. Estas redes territoriais articularanse en cooperativas de consumo.

  2. O desenvolvemento dunha rede de distribución que vincule os mercados sociais desenvolvidos nos distintos territorios, ofrecendo bens que son comúns para o conxunto, como produtos financeiros, seguros, produtos de comercio xusto, produtos culturais ou de software libre. Para iso, a ferramenta principal é o portal www.konsumoresponsable.coop/, unha plataforma de información sobre temas de consumo responsable e un portal de venda on-line con información ampla sobre cada un dos produtos e servizos ofrecidos.

  3. Potenciar a creación, o desenvolvemento e a consolidación de proxectos e empresas que potencien o desenvolvemento integral das persoas, o acceso ao emprego daquelass con menos oportunidades, o respecto ao medioambiente, o compromiso co territorio do que forman parte, e a cooperación, como principios da súa actividade económica e social.

  4. O desenvolvemento de instrumentos innovadores que nos permitan explorar novas formas de economía alternativas ao sistema actual, e que sexa beneficioso para o desenvolvemento social. Entre estes cabe destacar o desenvolvemento de sistemas de moedas complementarias, dun conxunto de ferramentas para facilitar a certificación participativa de produtos e servizos e a xeración de canles de información, comunicación e sensibilización para produtores/as e consumidores/as que faciliten un consumo consciente e de ciclo curto.

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

A todas as persoas que crean que é imprescindible fortalecer un espazo de intercambio de bens e servizos baixo os principios da Economía Solidaria.

Somos moitos e moitas os que estivemos a traballar por que esta idea vexa a luz e agora é tempo de volvela máis operativa, máis accesible, para que todos e todas poidamos participar.

Obxectivos da campaña de “crowdfunding”

1.- Conseguir financiamento para seguir desenvolvendo ferramentas que permitan avanzar na construción do Mercado Social a nivel estatal.

2.- Dar a coñecer o Mercado Social e ás entidades que o compoñen entre diferentes públicos.

3.- Xerar sinerxías e cooperación entre os distintos nodos e entidades que compoñen o Mercado Social.

Experiencia previa e equipo

A Rede de Economía Alternativa e Solidaria (www.economiasolidaria.org/) naceu no ano 1995, e en decembro de 2000 converteuse nunha Rede de Redes que agrupa a redes territoriais e sectoriais.

REAS nace da necesidade detectada por un conxunto de entidades cunha longa traxectoria de traballo no desenvolvemento de iniciativas económicas que trataban de dar resposta á integración social, económica e cultural dunha parte da poboación, sobre todo a máis desfavorecida, e que eran conscientes das dificultades existentes.

A necesidade de fortalecer lazos e xerar enfoques diferentes, que facilitasen e promovesen alternativas posibles, reais e duradeiras foi o motivo de ir creando articulacións cada vez máis numerosas que culminaron na creación da rede.

Xuridicamente REÁS é unha Asociación de carácter non lucrativo, sen filiación partidista ou relixiosa ningunha, con ámbito de actuación en todo o territorio do Estado Español.

Neste momento a rede está composta por máis de 200 entidades que nos agrupamos en redes territoriais, con presenza en 11 territorios, e sectoriais, recuperación e finanzas alternativas. Estamos presentes no ámbito internacional a través de RIPESS (Rede Intercontinental de Promoción da Economía Social e Solidaria).

O mercado social é unha proposta estratéxica da Rede de Economía Alternativa e Solidaria dende hai máis de 5 anos, pero nestes momentos as entidades e redes promotoras da construción do Mercado Social Estatal son ademais de REAS rede de redes, Ecoloxistas en Acción, Fiare Banca Ética, Coop57, Arç Seguros, Diagonal Periódico, Ideas Comercio Xusto, REAS Euskadi, REAS Navarra, REAS Aragón, XES, REAS Galicia, REAS Rioja, REAS Madrid e REAS Murcia.

No desenvolvemento do mercado social hai actualmente implicadas máis de 80 entidades, que dedican parte dos seus recursos humanos e económicos ao desenvolvemento deste, así como persoas interesadas que achegan de forma voluntaria o seu tempo.

Comments

Inicia sesión para dejar un comentario