¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

O castiñeiro

Header image
Watch video
1Round Remaining 40 days
Received
£ 51
Minimum
£ 942
Optimum
£ 2,142
2 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 9

    Semente
    > 01 Co-financiers
  • Contributing £ 17

    Folla
    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 30

    Ourizo
    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 43

    Castaña
    • Agradecemento nos créditos
    • Acceso exclusivo á curta
    • Pegatinas
    • Guión dixital
    • Chapas
    • A túa participación pode desgravarse! Descubre como na seguinte ligazón: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal
    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 86

    Cucurucho
    • Agradecemento nos créditos
    • Acceso exclusivo á curta
    • Pegatinas
    • Guión dixital
    • Chapas
    • Póster en formato dixital asinado pola directore da curtametraxe
    • A túa participación pode desgravarse! Descubre como na seguinte ligazón: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal
    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 171

    Castiñeiro
    • Agradecemento nos créditos
    • Acceso exclusivo á curta
    • Pegatinas
    • Guión dixital
    • Chapas
    • Making off
    • Póster en formato dixital asinado pola directore da curtametraxe
    • A túa participación pode desgravarse! Descubre como na seguinte ligazón: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal
    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 428

    Entidade colaboradora

    Se es un colectivo, unha asociación LGTBIQ+ ou unha produtora e che gustaría formar parte deste proxecto, ofrecemos a posibilidade de ser unha entidade colaboradora. Isto quere dicir que nos encantaría...:

    • Incluir o logo nos créditos (tanto iniciais como finais) como entidade colaboradora.
    • Incluir o logo no cartel de O Castiñeiro.
    • Mención como entidade colaboradora en todas as publicacións de redes sociais.
    • Desgravación fiscal que podes calcular aquí.
    > 00 Co-financiers

About this project

Unha curtametraxe sobre a intimidade queer e a importancia dos espazos seguros.

Needs Material Minimum Optimum
Atrezzo e ambientación
Importe para pagar o material necesario que necesite o departamento de arte e outorgarlle á curtametraxe a estética esperada.
£ 86
Material técnico
Esta cantidade estaría destinada a investir no aluguer de equipo de son e fotografía.
£ 343
Needs Task Minimum Optimum
Dietas e transporte
Importe para pagar as dietas e o transporte tanto de todas as persoas que participan desinteresadamente neste proxecto.
£ 343
Distribución e promoción
Importe para materializar as recompensas das persoas que apoiaron o proxecto.
£ 171
BSO
Importe para cubrir a composición dunha banda sonora.
£ 257
Distribución e promoción
Cantidade para cubrir os gastos de inscripcións a festivais e gastos de comunicación.
£ 343
Costes extra de produción
Colchón para imprevistos e cubrir as necesidades que xurdan ao longo do proceso de produción.
£ 257
Needs Infrastructure Minimum Optimum
Localizacións
Cantidade destinada ao alquiler da localización da curtametraxe.
£ 343
Total £ 942 £ 2,142
Necessary
Supplemental

General information

“O castiñeiro” é unha curtametraxe de ficción que busca representar a importancia de ter un lugar seguro onde explorar e descubrir quen é un mesmo.

Belén é unha santiaguesa de vinte e longos anos que debe afrontar un sentimento que xa non pode ignorar máis, e comeza a dubidar sobre todo aquilo que deu por sentado a raíz dunha clara cuestión: a súa sexualidade.

Esta viaxe de autodescubrimento lévaa ata o piso da castañeira da cidade, Iria, onde por primeira vez poderá baixar a garda o suficiente como para escoitar todo o que as convencións sociais fixeron que agochara no subconsciente. Nese fogar créase un espazo aberto a abrazar o cambio e a experimentación, o pasado e todos os posibles futuros nun presente reivindicativamente tenro.

Conversa a conversa, é manifesta a necesidade de crear unha comunidade que sosteña. Tanto desde o romántico como o platónico, os espazos queer conforman familias escollidas que permiten romper cos prexuízos e onde se comparte o peso de vivir nas marxes, pero desde unha ledicia que moitas veces sorprendente desde fóra.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

Este é un proxecto de curtametraxe de ficción, de aproximadamente 20 minutos, levada a cabo por un grupo diverso de xente nova pero con experiencia no audiovisual.

O proxecto baséase nun guión orixinal e será rodado en Santiago e arredores. Posteriormente, distribuirase a través de festivais e mostras de cine.

Búscase poñer o foco no descubrimento e creación de espazos seguros dende unha lente LGTBIQ+, nun contexto social no que este grupo de personas sofren cada vez máis violencia. O obxectivo é crear, a través da curta, un espello onde ver reflexados eses momentos tenros que se dan cando un se sinte completamente a gusto e a salvo na compañía doutras persoas.

Why this is important

Un dos momentos máis especiais que pode haber é perderse dentro dunha conversa sincera. Cando sen darse conta, as persoas partícipes constrúen un pequeno refuxio que as protexe da choiva de traxedias persoais e universais, abrazando mutuamente a vulnerabilidade. E cando se acaba a conversación, cada unha vaise un pouquiño máis enteira do que estaba antes.

Este sentimento é o que busco construír. Esta historia é unha ventá á que te podes asomar, sexas quen sexas, e capturar un fragmento de intimidade entre dúas persoas. E que cando se acabe a historia, poidas saír con algo máis de que co que entraches a ela. A través dun pequeno piso compsotelán en outono, á calor das castañas recén asadas, as protagonistas crearán ese espazo no que se lle da a benvida á experimentación, ao seu caos e á súa beleza.

“O castiñeiro” está pensado como un mosaico de conversacións que conforman unha viaxe de descubrimento: tanto de Belén consigo mesma, como de todo un horizonte de posibilidades que antes ignoraba. Ao final, ela tamén se está asomando a unha ventá desde a que ve infinitos camiños, pero que lle esixirán que se desfaga de todo o que daba por sentado ata o momento.

Tanto alguén que se identifique con algunha das distintas etapas do autodescubrimento que se retratan nesta peza, coma se se mira desde unha ollada externa, este proxecto ten unha mensaxe clara: todo o mundo necesitamos un lugar onde poder baixar a garda.

Team and experience

EQUIPO TÉCNICO

Álex Tajuelo - Guión, dirección e montaxe -
Compaxina a creación e montaxe audiovisual ca comunicación dixital e creación de contido para marcas. En 2024 realiza unha curtametraxe experimental, “Fogar”, mesturando arquivo persoal e material rodado, co que que obtivo a Mención de Honra no programa Xuventude Crea dese ano.

Conta con experiencia en produción e distribución cinematográfica a través de prácticas formativas na produtora Brava. Durante esta experiencia, traballou como auxiliar de produción en proxectos como “Raíñame”, “Pringadas” ou “Ratiña”, entre outros, e montou o programa ”Contando Historias” para AGalega, premiada nos Premios AGalega.gal.

Actualmente encárgase da montaxe da curtametraxe en desenvolvemento “Os teus ollos bonitos están crecendo” de Lydia Prada, e compaxina a creación audiovisual cun posto de creación de contido para marcas na axencia creativa dixital Nasas.

María Rego - Produción.
Dedícase á produción de cinema independente,. Graduouse en Comunicación Audiovisual a través da Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente realizou o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA) na Coruña.

O seu Traballo de Fin de Grao foi a Webserie "Ecos dun Verán", que viaxou por festivais rexionais como o Carballo Interplay e o MAC Marín. Neste proxecto, María foi cocreadora, coguionista, coprodutora e codirectora.

Baixo o amparo do MPXA, e coa tutela de profesionais como Luisa Romeo, María realizou o desenvolvemento do proxecto de longametraxe "As Veciñas".

Actualmente traballa na produtora compostelá Frida Films, onde se dedica a tarefas de coordinación de produción dos diferentes proxectos da produtora. Entre eles, María traballou como meritoria de produción no filme "Os Invitados", coproducido xunto con
Alemaña.

Tamén traballou na organización e produción do festival de cinema FaCom Fest na súa segunda edición, así como de voluntaria no Festival Internacional de Cinema da Coruña INTERSECCIÓN e nas sesións de pitching I+P Ideas para Producir, da Agrupación Industrial Audiovisual Gallego (2024).

Carmen G. Vidal - Produción.
Graduada en Comunicación Audiovisual na USC e cun Mestrado Universitario en Guion Cinematográfico e de Series de TV na URJC. Conta con experiencia na realización de proxectos como co-guionista e produtora na webserie 1/2CRE, seleccionada no festival rexional John Balan Fest, e como co-creadora da curtametraxe documental Casa de Galdrán. 120 anos de historia, entre outros. Realizou prácticas curriculares no departamento de comunicación de Echar a rodar e prácticas como axudante de produción en Artefacto Producciones SLNE. Ademais, traballou como xestora de redes sociais en Ártabra Comunicación.

Manuel Fontal - Coach de interpretación.
Participou en proxectos audiovisuais como nas webseries “Mediocre” creado por Ivan Alonso ou “Ecos dun verán”creada por María Rego e Álex Tajuelo e en diversas curtometraxes.
No teatro de igual maneira participou en montaxes como “El montaplatos” dirixido por Carlos Neira. Moi interesado sempre no traballo do actor e na docencia, formouse en interpretación en escolas como Tai, Centro del Actor, Central de Cine e Espazo Aberto entre outras. Tamén en seminarios impartidos por Consuelo Trujillo, Vicente Fuentes ou Tito Asorey.

Mara Valera - Directora de fotografía.
Como artista visual leva traballando os formatos fotográficos e audiovisuais previamente aos meus estudos, xa rematados, na facultade de Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela. Coa entrada no festival compostelano de Curtocircuito coa peza documental Cristal" (2024) formalízase o seu comezo no mundo audiovisual como creadora e directora xunto con Ana Sánchez. Neste último ano participou na rodaxe do filme “Me has robado el corazón (2025) e a segunda parte da serie ”Punto Nemo”, codirixíu a curtametraxe documental "Alén da estrada" (2025) e traballou como rexidora para diferentes programas da Televisión de Galicia.

Rocío García Rodríguez - Directora de arte.
Titulada en Escenografía pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e en Deseño de espazos efémeros pola Escola de Arte Superior de Deseño Mestre Mateo. Participou como deseñadora e escenógrafa na II edición do Festivalle cunha equipa formada enteiramente por mulleres, con “A Testa da Bautista”, re-interpretación dunha das pezas de Valle-Inclán.

É integrante da compañía emerxente Anura Teatro de creación contemporánea, coa que gañaron o segundo premio na categoría de Teatro Pro no Xuventude Crea 2024, coa peza propia ‘’Que importante é e que pouco se fala’’.

Valeria Gómez - Xefa de Son.
Graduada en Comunicación Audiovisual pola USC. Participou durante a súa formación no Festival FacomFest como xefa de programación e crea e dirixe a curta “NON SOMOS NADA”, gañadora de varias mencións, entre a que destaca mellor guión. No 2024 complementa a súa formación cun Mestrado en Estudos da Literatura e Cultura na USC mentres traballa para diferentes empresas como MARTELA FILMS SL. ou La Brújula Creaciones Gráficas.

Actualmente compaxina un doutoramento en estudos da comunicación e información onde investiga o papel das mulleres e as minorías no cinema con traballo freelance, entre as que destaca son e posprodución de son para pezas audiovisuais e produción musical e de podcast.

REPARTO

Valeria Caneda como BELÉN.
Actuou en diversos proxectos audiovisuais, como “moitos moito” (Alma Alonso, 2023), “Ao ritmo de golpes” (2024, capítulo piloto web serie) ou “Performance A poética do baleiro” (Carlos Neira, 2024). Tamén actuou na obra teatral “Antígona” da man dunha mostra de interpretación.

Fórmase actualmente en na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto e en Interpretación ante a cámara con Tito Asorey e Melania Cruz, ademais de contar co grao profesional no conservatorio na especialidade de clarinete.

Carla Mojón como IRIA.
Entre a súa experiencia destacan as obras “A burra, a mesa e o pau” do CDG ou “La Casa Grande y Larga” da compañía La Regadera Escénica. No audiovisual, recibiu o Premio ao proxecto en galego do Carballo Interplay 2022 con “Mentres non chova”, webserie na que foi actriz, gionista e produtora. Tamén actuou en proxectos como “Era visto! A Choupana” para a TVG ou “Historias Mínimas” do RTVEin.

En continua formación, estudou na Escola de Interpretación de Cristina Rota, así como en múltiples seminarios de teatro e actuación ante cámara impartidos por profesionales como Pablo Messiez, Carla Calparsoro ou Jorge de Cascantes entre outros. Tamén conta con formación en danza e canto.

Álvaro Cima como SEBAS.
Con experiencia actuando en diversos formatos, participou en curtametraxes como “Sísifo” ou “La última cena”, e en múltiples obras de teatro como “Les Miserables” e “Moulin Rouge!” en Alquimia Teatro, “Sexual Perversity in Chicago” no American College of Dublin ou “Disidente, nin que dicir ten” na ESADg.

Actualmente cursa o último curso da ESAD de Galicia, polo itinerario de Interpretación Textual, e está graduado en Tradución e Interpretación pola UAM, cun máster en Tradución Audiovisual. Interesado en el teatro musical, la Commedia dell’ Arte e actuación ante a cámara.

equipo-goteo.png equipo-goteo-1-.png equipo-goteo-2-.png

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Quality Education

    Obtaining a quality education is the foundation to improving people’s lives and sustainable development.

  • Gender Equality

    Gender equality is not only a fundamental human right, but a necessary foundation for a peaceful, prosperous and sustainable world.

  • Reduced Inequalities

    To reduce inequalities, policies should be universal in principle, paying attention to the needs of disadvantaged and marginalized populations.