Pomba.gal, a nosa nova páxina web
Para axudar a posibles contribuidores a atoparnos e informarse sobre nós, e para continuar co proxecto unha vez finalicemos a campaña de financiación, creamos unha nova web pomba.gal. Polo momento só é unha introdución ao proxecto cun enlace á páxina de Goteo, pero iremos engadindo as aparicións do proxecto na prensa, outros vídeos que vaiamos sacando e material complementario, como a unidade didáctica que queremos sacar e outros datos de contacto.
Como xa vos comentamos hai uns días, estivemos no último episodio do podcast Terra Up Arte, que podedes ver aqui ou enlazado ao final desta entrada. Convidámosvos a compartilo e darlle a me gusta, para que Youtube o recomende máis. Tamén estes dias poñeremos pequenos clips nas nosas redes para animar á xente a velo.

Para rematar esta pequena actualización, recordarvos que temos unha presentación en Foz, o próximo sábado 20 ás 6 da tarde. Estamos intentando ter impresos uns marcapáxinas para distribuír á fin do acto que teñan a direción da nosa nova páxina pomba.gal, para a ver se entre todos conseguimos acadar o último 50% nas case dúas semanas que nos quedan.
Saúdos a todas e todos
Comments
Inicia sesión para dejar un comentario








