Pois... Esta? A mellor. Tantos anos dan para moito. Hai moita anécdota e moita frase mítica agochada en todo este tempo. Por poñer un exemplo:
"Cando vas a unha foliada, vas a unha foliada, cando vas a un orgullo gay, vas a un orgullo gay. Pero cando vés ás dúas cousas, onde vas? A Monterroso, vas a Monterroso".
Pero hai moitas máis. Esta recompensa incluirá unha selección de grandes anécdotas e frases que marcaron estas dez edicións. Sen dúbida estarán "El panderinete", ou "O neno autofinanciado". Un compendio explicado por nós de grandes momentos dos que fostes partícipes sen sabelo.
Con esta recompensa axudas a engardir novas anécdotas á nosa memoria colectiva. Ademais:
- Publicaremos o teu nome na web para que poidas verte eternamente como alguén que fixo isto posible.
- Recibirás unha selección de fotos dos dez anos de festival.
- Recibirás un mail cun documento explicándote algunhas das máis desternillantes anécdotas do festival.
A túa participación pode desgrabarse! Descubre como facelo AQUÍ.
