Esta campaña está a deixarnos mostras de apoio que, neste contexto tan hostil para a cultura, adquiren un valor aínda máis transcendental e inesquecible. Hoxe queremos agradecer de todo corazón a Amaia Roldán a súa xenerosísima colaboración a través de Cuarto Pexigo, unha iniciativa creativa que combina un inspirador espazo para residencias artísticas cun recuncho expositivo e de venda de produtos artísticos no Mercado de Abastos de Santiago que vos recomendamos pasedes coñecer.
Grazas ao seu ofrecemento para aloxar ás artistas participantes no II #DelasFest, poderemos aforrar os 1.700 euros de orzamento destinado á hospedaxe das creadoras que viven fóra de Santiago e Galicia. Unha cantidade que xa foi descontada dos custos incluídos no orzamento óptimo, que se sitúa agora nos 40.705 euros. Axúdanos a chegar! Espalla a mensaxe!