Fronte á escuridade paralizante dos horizontes incertos, fostes luz, enerxía, movemento. Coma anticipo da vida que en poucos días cobrará o Delas Fest 2020, queremos devolvervos un escintileo de agradecemento. Mil grazas por facer brillar á cultura nestes tempos complexos!
Sumidas xa na conta atrás para o inicio do festival, cuxa programación non tardaremos en compartirvos, lembrade que o 18 de agosto pecha o prazo para solicitar as 8 bolsas de creación artística para mulleres que, grazas ao apoio da Xunta de Galicia e a colaboración de Montana Colors e a Cidade da Cultura de Galicia, lanzamos co fin de promover a participación na Delas Jam, o encontro de improvisación pictórica que celebraremos o próximo 12 de setembro no Gaiás!
Bases completas da convocatoria aquí: https://7hcoop.gal/wp-content/uploads/2020/08/Bases-Delas-Jam-Delas-Fest-2020.pdf?fbclid=IwAR158C6sgSAeMalceVSUeTacddOmAGuIFjUIVX8UJL5s7de0bTaksP2Gd8E