¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Imos empapelar a Altri!

Header image
Watch video
Single round Remaining 38 days
Received
€ 8.260
Minimum
€ 20.000
Optimum
€ 42.000
200 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 10

    Alberto, contigo empezou todo

    Coa túa desinteresada achega fas posible e recoñeces o noso traballo, pero tamén queres apoiarnos para que continuemos investigando ás persoas que están detras destas multinacionais e os seus intereses. Especialmente, ao responsable político do comezo desta barbarie.

    Esta achega é deducible na declaración do IRPF. Doando 10€, Facenda devólveche 8€ e o teu gasto real só é de 2€! Consultalo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 35 Co-financiers
  • Contributing € 25

    Greenalia ou greenwashing?

    Coa túa achega axudas a que o ecosistema mediático galego medre en pluralidade e independencia. E iso pasa por sinalar os inquilinos dos máis altos despachos. Como o CEO de Greenalia, o multimillonario Manuel García Pardo, que intenta pasar desapercibido.

    Esta achega é deducible na declaración do IRPF. Doando 25€, Facenda devólveche 20€ e o teu gasto real só é de 5€! Consúltao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 64 Co-financiers
  • Contributing € 50

    Vixiaremos ao xefe da celulosa

    Coa túa achega fas palpable a realidade que ocultan os grandes medios de comunicación: as persoas que nos opoñemos a esta barbarie medioambiental no corazón do país somos moitas máis das que traballan nos despachos de institucións e multinacionais para sacala adiante. Especialmente nos de Altri co seu CEO José Soares de Pina.

    Esta achega é deducible na declaración do IRPF. Doando 50€, Facenda devólveche 40€ e o teu gasto real só é de 10€! Consúltao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 32 Co-financiers
  • Contributing € 100

    Galiza Rueda, pero non avanza

    Ti tamén estás aburrido/a de que boa parte da xente lea a mesma información en medios como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Región o El Progreso? Normal, nós tamén. Por iso, deixámonos a vida en facer d'O Salto un medio radicalmente independente, asembleario e autoxestionado. Non recibimos nin un euro de diñeiro público do Goberno de Alfonso Rueda. Por algo será.

    Esta achega é deducible na declaración do IRPF. Doando 100€, Facenda devólveche 80€ e o teu gasto real só é de 20€! Consúltao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 21 Co-financiers
  • Contributing € 300

    Nin unha soa porta xiratoria máis

    Unha achega destas características fainos dar un paso de xigante cara o noso obxectivo: tumbar Altri con análises, investigacións, reportaxes e entrevistas de primeiro nivel. Se a exconselleira de Medio Ambiente con Feijóo, Beatriz Mato, acabou nos despachos de Greenalia, cantos asentos cres que pode ter reservados Altri para as portas xiratorias?

    Esta achega é deducible na declaración do IRPF. Doando 300€, Facenda devólveche 220€ e o teu gasto real só é de 80€! Consúltao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers
  • Contributing € 500

    O palleiro non se fai sen palla (e sen os cartos de Abanca)

    O Salto non é só diferente ao resto do ecosistema mediático galego polos seus enfoques. A nosa estrutura, horizontal e asemblearia, é o garante estrutural máis sólido contra calquera tipo de presión dos poderes económico e político. Unha achega como esta só pode contribuír a que esa solidez sexa maior: debémonos aos movementos sociais e a xente coma ti. En cambio, Altri débese a Impulsa, a sociedade que a Xunta e Abanca crearon para lanzar, entre outras cousas, esta celulosa.

    Esta achega é deducible na declaración do IRPF. Doando 500€, Facenda devólveche 300€ e o teu gasto real só é de 200€! Consúltao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 1.000

    Deica logo, Míster Blanco

    Pode que non traballes en Acento, a consultora de Pepe Blanco, pero quizais a túa capacidade económica permíteche facer esta xenerosísima achega. Se é así, comprometémonos a empregala do mellor xeito posible: investigando o rastro económico de Altri e Greenalia en todo o mundo.

    Esta achega é deducible na declaración do IRPF. Doando 1000€, Facenda devólveche 500€ e o teu gasto real só é de 500€! Consúltao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers

About this project

Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Needs Material Minimum Optimum
Subscrición a bases de datos económicas sobre empresas e científicas
Con esta achega, poderemos acceder ás mellores bases de datos europeas con perfís avanzados de empresas, accesos aos informes de executivos do Rexistro Mercantil e tamén a subscricións a revistas científicas.
€ 2.500
Costes derivados dos desprazamentos por Galiza e Portugal
O xornalismo non pode facerse dende o despacho e por iso precisamos ir máis a campo para escoitar de primeira man as voces das persoas implicadas no presente en Galiza e no pasado de Altri en Portugal.
€ 2.500
Fondo de reserva para procesos xudiciais
Meterse con multinacionais e grandes partidos políticos conleva un risco: a guerra xudicial. A nosa propia experiencia e a de outros xornais amigos lévannos a ter preparado un fondo para poder iniciar calquera defensa xurídica no caso de enfrontarnos a calquera demanda por facer o noso traballo.
€ 2.500
Mellora dos equipos técnicos
Cremos que dar un salto de calidade nos contidos ten que ir acompañado dunha mellora na calidade técnica a nivel audiovisual. Se conseguimos o mínimos, esta parte das necesidades axudará á renovación da infraestrutura técnica de redactores, videógrafos e fotógrafos.
€ 8.000
Needs Infrastructure Minimum Optimum
Medios humanos para unha cobertura anual de colaboracións
Coa túa axuda, garantirás máis dun ano de publicacións de investigacións de calidade con algunhas das mellores xornalistas de Galiza e Portugal. A fiscalización deste proxecto suporá unha carreira de fondo. Isto é só o comezo.
€ 12.500
Alugueiro de espazos para as reunións do equipo de investigación
Se o conseguimos o mínimo, estes recursos dedicarémolos a crear un espazo de reunión onde centralizar todo o traballo de redactores/as, fotógrafos/as e videógrafos/as.
€ 4.000
Dobramos os medios humanos para unha cobertura anual de colaboracións en tódolos formatos
Se conseguimos acadar o obxectivo mínimo, o groso do que consigamos a maiores será destinado a seguir producindo contidos xornalísticos de alta calidade en formatos transmedia.
€ 10.000
Total € 20.000 € 42.000
Necessary
Supplemental

General information

Os ecosistemas galegos viven unha ameaza sen precedentes nas últimas décadas. A macrocelulosa que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia queren instalar no centro xeográgico do país —coa complicidade da Xunta— precisa dunha confrontación por tódalas vías posibles. Precisamos xente nas rúas demostrando a grande oposición social que ten esta industria: xa a temos. Precisamos xente nas universidades demostrando cientificamente os escenarios dramáticos aos que poderiamos chegar se esta pasteira consegue saír adiante: xa a temos. Precisamos tódalas forzas das sociedade civil e, por suposto, precisamos medios de comunicación radicalmente independentes e críticos: isto, por desgrazas, escasea.

Nestes últimos meses, vimos máis que nunca as costuras dos grandes medios públicos e privados deste país. Vímolos mercando o argumentario do Goberno do Partido Popular financiados, iso si, con inxentes cantidades de diñeiro público. Vímolos silenciando as voces máis críticas do pobo galego e tamén as das veciñas e veciños máis afectados por esta bomba ambiental cuxos efectos percorrerán o río Ulla dende Palas de Rei até a ría de Arousa. Vímolos aceptando sen escrúpulos as campañas de publicidade encuberta a cambio de miles de euros para tratar de enganar a opinión pública. Vímolos representando os intereses das multinacionais e dos grandes partidos políticos a calquera prezo, aínda que iso signifique agochar, tapar ou ocultar a inmensa onda de oposición social que hoxe corre por toda Galiza.

Dende O Salto fixemos algo ao que ningún outro medio de comunicación se atreveu a facer: investigamos, analizamos e sinalamos as redes políticas e empresariais que están detrás deste proxecto. Puxémoslles caras, nomes e patrimonio. Analizamos os seus vínculos coa oligarquía galega e colocamos o foco nas persoas exactas que teñen o poder de decisión neste proceso e, por suposto, en tódalas cómplices. Tamén lle dimos prioridade ás voces das persoas afectadas, veciñanza e traballadores/as que se opoñen a vender a súa terra e o futuro da súa vida para a riqueza duns poucos. E fixemos unha reportaxe documental, "Altri, a sede insostible" que movemos por Galiza e parte do Estado español, na que son as expertas e as veciñas as que explican os efectos devastadores que tería Altri desde o punto de vista ambiental e social.

Pero queremos chegar máis lonxe e, por iso, precisámoste para dar un novo salto.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

  • Queremos seguir investigando os entramados empresariais de Altri e Greenalia.
  • Queremos perseguir até o último euro de diñeiro público repartido polo goberno do Partido Popular na Xunta.
  • Queremos fiscalizar o pasado de tódolos representantes públicos e os responsables privados desta barbarie ecolóxica.
  • Queremos rexistrar todas e cada unha das mobilizacións contra a celulosa que acontezan nas rúas do país.
  • Queremos difundir tódolos informes, artigos científicos e estudos que analicen con rigor os efectos da construción desta fábrica.
  • Queremos dar voz ás veciñas e veciños da Ulloa.
  • Queremos escoitar as demandas das mariscadoras e dos mariñeiros da ría de Arousa.
  • Queremos reivindicar o traballo de tódolos colectivos ecoloxistas que traballan sen descanso e a diario para frear esta barbarie.
  • Queremos dar acubillo ás voces críticas da sociedade civil que teñan algo que dicir.

A nosa diferenza é a nosa virtude: o financiamento da cooperativa que edita O Salto é nun 75% dependente das máis de 10.000 persoas socias que nos sosteñen, podes velo nas nosas contas. Non aceptamos publicidade que viole o noso código ético, unha esixencia única no contexto mediático do Estado español.

En O Salto xamais verás publicidade de:

  • Empresas con conflitos activos cos seus traballadores.
  • Bancos ou outras empresas que realicen desafiuzamentos.
  • Organizacións cuxa sede estea situada en paraísos fiscais.
  • Entidades que utilizan a enxeñaría fiscal para evitar o pago de impostos.
  • Todas as empresas que integran o IBEX 35, ou polo menos, ata que entre unha empresa que consideremos ética.
  • Empresas cuxa sede estea situada en Israel.
  • Empresas que non teñen un comportamento ético cos seus traballadores.
  • Empresas que se aproveitan da explotación de persoas presas.
  • Todo tipo de organizacións cuxa ética estea en cuestión ou cuxa actividade principal non consideremos ética, por exemplo, casas de xogo ou negocios altamente contaminantes.

Estes límites éticos, os maiores de calquera medio a nivel europeo —convidámoste a ver as contas dos xornais que máis leas en Galiza ou fóra—, fannos medrar pouco a pouco, pero de xeito sólido. E, sobre todo, fannos medrar até onde as nosas socias e socios e as nosas lectoras e lectores queran que medremos.

banner-gal.jpg

Why this is important

Dirixímonos a ti, que estás farta/o de ver como os medios tradicionais e de dereitas ocultan as voces que che representan.

A ti, que acudiches á histórica manifestación contra Altri en Palas de Rei ou á que desbordou o Obradoiro cunha onda de dignidade ou a que resistiu a choiva da Pobra do Caramiñal.

Dirixímonos a ti, que sabes ben o que supuxo para os ecosistemas galegos a implantación da celulosa de ENCE na ría de Pontevedra ou tódalas explotacións mineiras do país dende Penouta até San Fins.

A ti, que nos últimos anos viches a radicalización da dereita mediática galega con portadas e reportaxes infames pagadas, ademais, cos teus impostos.

Dirixímonos a ti, que participas nas asembleas da túa organización, sexa cal sexa, coa fin última de pelexar por un mundo mellor, con ríos limpos e con industrias sostibles.

A ti, que escribes, falas e debates con tódalas persoas que te cruzas e aínda cren a propaganda da Xunta e de Altri.

Dirixímonos a ti, que aínda acreditas na necesidade de medios de comunicación críticos que traballen por e para o cambio social e non para enriquecerse. Que sexan horizontais, sen xefes nin grandes empresas detrás que os manipulen.

lan-4332-1-.jpg

Team and experience

A experiencia do equipo de O Salto acumula máis de 20 anos, dende a creación de Diagonal traballando coa mirada posta nos movementos sociais, que son a quen nos debemos, e preto de dez anos dende a fundación deste proxecto. Acredítannos as nosas investigacións, lidas e referenciadas na inmensa maioría dos xornais; a nosa influencia na opinión pública e nas organizacións sociais co noso traballo xornalístico; e o noso respecto e escoita mutuos pola pluralidade dos movementos de base.

A cooperativa que edita O Salto en todo o Estado español está conformada por preto de 60 persoas con máis de 200 colaboradoras e colaboradores implicados, máis unha asemblea independente de dez persoas que traballa a diario na elaboración de contidos galegos propios.

2g0a2826copia.jpg

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Good Health and Well-Being

    Ensuring healthy lives and promoting the well-being for all at all ages is essential to sustainable development.

  • Clean Water and Sanitation

    Clean, accessible water for all is an essential part of the world we want to live in.

  • Affordable and Clean Energy

    Energy is central to nearly every major challenge and opportunity.

  • Sustainable Cities and Communities

    There needs to be a future in which cities provide opportunities for all, with access to basic services, energy, housing, transportation and more.

  • Responsible Production and Consumption

    Responsible Production and Consumption

  • Climate Action

    Climate change is a global challenge that affects everyone, everywhere.

  • Life Below Water

    Careful management of this essential global resource is a key feature of a sustainable future.

  • Life On Land

    Sustainably manage forests, combat desertification, halt and reverse land degradation, halt biodiversity loss