Financiamento das obras nas instalacións da Semente Vigo

Finished 20 / 11 / 2015
Funded!
Received
€ 7.082
Minimum
€ 4.550
Optimum
€ 7.032
126 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 5

    Solidariedade

    Publicación na páxina web da Semente do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.

    > 05 Co-financiers
  • Contributing € 10

    Crachá da Semente

    Un crachá exclusivo deseñado por nós + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

    > 16 Co-financiers
  • Contributing € 20

    Crachá e O Conto do Apalpador

    Libro O Conto do Apalpador + un crachá exclusivo deseñado por nós + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

    > 34 Co-financiers
  • Contributing € 40

    Colante da semente, O Conto do Apalpador e un pión

    Un pión de madeira da Semente Vigo + o libro O Conto do Apalpador + un colante da Semente + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

    > 20 Co-financiers
  • Contributing € 60

    Colante da Semente e un mes de actividades de balde na Semente

    Un mes de balde de actividades na Escola + colante da Semente + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

    *Para as persoas que non tiveren crianzas se houber existencias seria posíbel mudaren as actividades na Semente polo Atlas Histórico da Galiza.

    > 08 Co-financiers
  • Contributing € 80

    Colante da Semente e Atlas histórico da Galiza

    Atlas Histórico da Galiza (libro) + colante da Semente + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente.

    > 06 Co-financiers
  • Contributing € 100

    Barallo Árvores na Galiza, un trillo pola contorna da escoliña e sesión fotográfica.

    O barallo Árvores na Galiza e un trillo pola contorna natural da escoliña (praia da Punta, petróglifo de Gondesende, monte da Guía, ...) a cargo de Faia Educación Ambiental + Publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto da Semente. Ao longo do percurso unha fotógrafa profesional tirará fotografías da actividade.

    > 10 Co-financiers
  • Contributing € 200

    Colante, petiscos na Semente con música do país, o barallo Árvores na Galiza e un trimestre de actividades.

    Un xantar de petiscos variados no local da Semente amenizado con música do país en directo + o barallo Árvores na Galiza + un trimestre de actividades de balde na escoliña + colante da Semente + publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto. As persoas que non tiveren crianzas poderían trocar as actividades na Semente polo Atlas Histórico da Galiza.

    > 08 Co-financiers
  • Contributing € 500

    Colante, xantar ou cea, o barallo Árvores na Galiza, un lote de libros, unha cesta Alcouve, un pión, un rato de lá e un trimestre de actividades na escola.

    Un pión + o barallo das Árvores na Galiza + un rato de lá + un xantar ou cea no Bar... + unha cesta con produtos ecolóxicos da loxa Alcouve + un trimestre de atividades na escoliña e un lote de libros (Viagem ao Curdistám, Queixumes dos Pinhos, Gramática do Céltigo Antigo Comum e Três Tristes Sonhos de Princesa.) + colante da Semente + Publicación do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto (Para as persoas que non tiveren crianzas é posíbel trocar o trimestre de atividades na escoliña polo Atlas Histórico da Galiza).

    > 00 Co-financiers

Final da primeira rolda

09 | 10 | 2015

Hoxe remata a primeira rolda da campaña de recadación de fondos para o financiamento das obras da Semente Vigo. Nestes 40 días estamos a piques de acadar o noso segundo obxectivo, apenas restan 300 euros para chegar aos 7.032 euros do que no seu momento consideramos como o financiamento óptimo que precisaba a Semente para sufragar os gastos da obras realizadas. 

O certo é que a acollida da campaña está sendo espectacular e pensamos que aínda antes de que remate o día de hoxe podemos chegar á cantidade prefixada. Tedes que saber que estamos perto dos 120 cofinanciadorxs, e que a través das redes sociais a nosa mensaxe espállase cal "bola de neve".

No en tanto, convén comentarvos que Goteo bríndanos a posibilidade de contar con outros 40 días a maiores para seguir recadando fondos. Neste primeiro curso de andaina da Semente Vigo, temos que dotar de materiais pedagóxicos e mobiliario adaptado ás crianzas, ademáis de sufragar os gastos do persoal contratado para desenvolver o proxecto educativo. Por este motivo, imos seguir espallando o proxecto para ir cara un 3º obxectivo de financiamento: a polos 10.000 euros, unha meta difícil pero ao mesmo tempo motivante. 

Queremos mantervos informadxs dos pasos que imos dando, a vós que estades construíndo un soño, que estades colaborando tan activamente no financiamento e difusión do proxecto. Non podemos máis que agradecervos unha e outra vez a vosa implicación. Moitas grazas.

Seguiremos sementando e informando.

Comments

Inicia sesión para dejar un comentario